Super Street Fighter II Turbo HD Remix supera as 250.000 descargas

venres, 19 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O xogo Super Street Fighter II Turbo HD Remix que se pode adquirir dende as tendas virtuais de Xbox 360 e PS3, e que recupera o clásico xogo de loita de máquinas recreativas adaptándoo ás posibilidades da alta definición que dan as novas consolas, está a ter un éxito sen precedentes, converténdose no título máis vendido como descarga no seu primeiro día, na súa primeira semana e posiblemente no seu primeiro mes (só leva 3 semanas á venda para Xbox 360 e 2 semanas para PS3... estando pendente a súa estrea europea para PlayStation 3) pois xa superou as 250.000 descargas, o que tendo en conta que custa uns 14,40 euros podería sumar uns 3,6 millóns de euros de ingresos, o que deixa claro que este tipo de lanzamentos son altamente rendibles, pois son relativamente baratos de producir e a súa distribución é moito máis sinxela (pois non se vende en tendas físicas).
Hai que recoñecer que o xogo é un dos mellores xogos de loita en 2D que saíron ata o momento, e permite revivir a súa franquía antes da chegada do Street Fighter IV a primeiros do ano que vén.

PUBLICIDADE