Super Street Fighter IV Arcade Edition sobe ao carro dos xogo retrocompatibles de Xbox One

venres, 14 de xullo do 2017 Marcus Fernández

A incorporación da retrocompatibilidade na Xbox One é unha grande vantaxe para os usuarios, pero supón todo un reto para Microsoft, pois ten que conseguir autorización das compañías para poder adaptar os xogos de Xbox 360 para o seu funcionamento na consola doméstica da actual xeración, de xeito que todas a semanas vemos como cada vez son máis os xogos que poden gozar desta funcionalidade, aínda que poucas veces as novas incorporacións son tan rechamantes como esta, xa que por fin é retrocompatible o xogo Super Street Fighter IV Arcade Edition.
Deste xeito, o que tivesen un dos mellores xogos de loita para Xbox 360 poderán gozar do mesmo en Xbox One sen ter que volver pasar por caixa, o que beneficiará a numerosos xogadores de todo o mundo, xa que o reputado título de Capcom incluíuse na selección de xogos Gold de xuño de 2014, o que supuña un aforro de 29,99 euros.
Outro detalle curioso desta Arcade Edition é que pode actualizarse a Ultra Street Fighter IV conseguindo así varios loitadores de bastante éxito (Rolento, Hugo, Poison, Decapre e Elena) e permitindo gozar das versións Omega de cada loitador.

No xogo non faltan as icónicas fases de bonus de Street Fighter II

PUBLICIDADE