Super Talent achega memorias USB 3.0 a un prezo asumible
mércores, 23 de marzo do 2011
Nos últimos meses
a meirande parte de fabricantes de dispositivos externos de almacenamento presentaron
unidades compatibles coa emerxente tecnoloxÃa USB 3.0, o que supón un
incremento de prezo considerable en moitos casos, como nas memorias flash, o
que parecen estar a arranxar dende Super Talent, que vén de comercializar
unidade de memoria USB 3.0 a un prezo semellante ao das USB 2.0, polo que, a
xuÃzo do xefe de operacións da compañÃa «deixa
de haber unha razón para mercar unha unidade de memoria USB 2.0», pois as
súas novas unidades USB 3.0 Express DUO 2-CH teñen prezos
de 19, 30 e 70 dólares en capacidades de 8, 16 e 32 Gb respectivamente.
As memorias Super Talent Express DUO 2-CH son compatibles tanto con conexións
USB 2.0 como USB 3.0 (acadando un rendemento magnÃfico en ambos casos), non
precisan de alimentación externa adicional e miden 80,82, x 20,62 x 12,1
milÃmetros e incorporan o programa Security Essentials de Microsoft, o que
contribúe a manter a salvo o noso equipo de certas ameazas informáticas.