SuperJuegos Xtreme podería deixar os quioscos

xoves, 15 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Portada do número 192 de SuperJuegos Xtreme

A revista norteamericana de videoxogos EGM deixou os quioscos este mes por mor da perda de audiencia na súa edición en papel, xa que o seu público obxectivo tira agora da Internet para informarse do último do sector do lecer electrónico interactivo, o que tamén parece que está a pasar en España onde, aínda que nacese unha publicación do sector hai pouco, e son incesantes os rumores de peche para a revista SuperJuegos Xtreme, que debería ter xa nos quioscos o seu número 193, e que parece estar demorándose nun momento no que a súa editora, o grupo Zeta, que está en plena negociación un Expediente de Regulación de Emprego.
Esta baixa deixaría nos quiosco con 3 revistas de videoxogos independentes das plataformas de xogo (pois coexisten con distintas revistas oficiais), que serían Hobby Consolas, a nova Marca Player e a británica EDGE, podendo estar esta última tamén nunha situación delicada en España.
Vemos así como nun momento nos que os videoxogos están a gañar forza no mercado, cun volume de negocio sen precedentes, as publicacións impresas que os tratan teñen problemas en seguir adiante ante a crise publicitaria e a fuxida de lectores á Internet, medio no que os xogos tamén atopan apoio audiovisual para completar as súas informacións, o que agradecen os consumidores que non queren mercar caros xogos a cegas.

PUBLICIDADE