Susana Ladra impartirá un obradoiro sobre algoritmos e secuencias biolóxicas na Universidade de Concepción de Chile
venres, 5 de agosto do 2022
A
investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade
da Coruña Susana
Ladra impartirá do 16 ao 19 de agosto o obradoiro Algoritmos para
o aliñamento e ensamblaxe de secuencias biolóxicas,
organizado pola Facultade de EnxeñerÃa da Universidade de
Concepción (Chile).
No
obradoiro introduciranse algoritmos e estruturas de datos comunmente
utilizados no ámbito da bioloxÃa computacional para a resolución
de problemas tÃpicos na área, como poder ser a comparación de
secuencias, a procura de motivos e a ensamblaxe de xenomas.
Realizarase unha revisión de conceptos xerais do ámbito de
secuenciación xenómica e as diferentes técnicas de obtención de
datos, para posteriormente mostrar algoritmos especializados.
Ademais, introduciranse tamén ferramentas de software e bibliotecas
que se usan no ámbito bioinformático en proxectos reais.