Swatch presenta un reloxo con NFC para realizar pagamentos
venres, 16 de outubro do 2015
O grupo suÃzo Swatch presentou un novo reloxo de pulso, o Swatch Bellamy, un
dispositivo wearable bastante
rechamante polo feito de non aspirar a converterse nun smartwatch, senón que limita o seu uso tecnolóxico a facilitar o pagamento
sen contacto co pulso, xa que integra
tecnoloxÃa NFC, como a que teñen numerosos smartphones e o Apple Watch, de
xeito que permitirÃa a autonización de pagamentos en tendas que acepten o
pagamento con esta tecnoloxÃa (inicialmente en China, onde se presentou o
trebello, e onde Swatch contou coa colaboración de UnionPay e Bank of
Communications).
O nome deste reloxo é unha homenaxe ao escritor estadounidense Edward Bellamy,
autor da novela Mirando atrás desde 2000
hasta 1887, na que imaxinaba un mundo utópico no que os cartos en efectivos
eran substituÃdos completamente por tarxetas de crédito e débito (o que pode considerarse
toda unha premonición se atendemos ao feito de que a novela publicouse en
1888).
O Swatch Bellamy agocha o seu chip NFC debaixo da súa esfera, de xeito que
substituirÃa as tarxetas bancaria de pagamento sen contacto que prometen
conseguir un uso masivo a nivel mundial nos vindeiros meses (de feito, moitos
dos TPV instalados actualmente son compatibles con esta tecnoloxÃa) o que
facilitará a implantación de tecnoloxÃas como Apple Pay ou Android Pay, coas
que Swatch non buscarÃa competir, ofrecendo unha opción moito máis básica, que
poderÃa satisfacer a certo perfil de usuario.