T-Mobile Pulse Mini: o móbil con Android a menos de 100 libras

martes, 23 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O sistema operativo Android foi unha das grandes estrelas do Mobile World Congress, e finalmente parece que esta plataforma non quedará limitada a terminais móbiles de alta gama, e T-Mobile xa anuncia que vai vender no Reino Unido o seu Pulse Mini por só 99,99 libras esterlinas (113,32 euros), e que sería una versión reducida do T-Mobile Pulse, que foi o primeiro móbil con Android vendido sen contrato no mundo.
O T-Mobile Pulse Mini é un móbil fabricado por Huawei que funciona co sistema operativo Android 2.1 e conta con pantalla táctil de 2,8 polgadas, cámara de 3,2 Mpíxeles con flash LED, auriculares estándar e memoria baseada en tarxetas de ata 16 Gb de capacidade.
Este móbil económico con Android chegará ao mercado británico en abril, e agárdase que tamén poida adquirirse en Alemaña, aínda que tampouco sorprendería a súa comercialización noutros países coma España nos vindeiros meses, abrindo as posibilidades de Android ao grande público.

PUBLICIDADE