TAG Heuer anuncia un smartwatch inspirado en Super Mario
martes, 13 de xullo do 2021
O clásico fabricante de reloxos TAG Heuer sorprende hoxe
anunciando un
smartwatch de edición limitada coa imaxe de Super Mario, que presenta un
deseño lúdico baseado no célebre personaxe de Nintendo, que se deixa notar
tanto no reloxo (con correas, coroa e bisel con elementos de Mario) como no seu
software, contando con esferas exclusivas e incluso con animacións para ir
indicando o seguimento da actividade fÃsica do usuario (ou sexa, o reloxo anima
a estar activos de xeito que case podemos ver a Mario como un adestrador
persoal).
Este divertido reloxo funciona con Wear OS by Google, é compatible con Google Pay
para realizar pagamentos contactless, permite facer uso do tradutor de Google, integra
o asistente de Google, é resistente á auga, conta con monitorización cardÃaca,
inclúe GPS e a súa baterÃa de 430 mAh deberÃa ser dabondo para manter a súa
autonomÃa durante todo o dÃa.
Esta versión do reloxo TAG Heuer Connected terá unha edición de só 2.000
unidades, de aà que o seu prezo vaia ser bastante elevado, vendéndose a 2.150
dólares a partir do vindeiro xoves ás 10:00 horas. O fabricante non adiantou o
prezo en euros.
- O novo reloxo de TAG Heuer terá unha edición de só 2.000 unidades
VÃdeo promocional do novo reloxo de TAG Heuer