TCL presenta un prototipo de smartphone con forma de tríptico

venres, 25 de outubro do 2019 Marcus Fernández

JPEG - 65.5 KB
O prototipo de TCL ten unha pantalla encartable de 10 polgadas

A primeiros de ano TCL anunciou a súa tecnoloxía de pantallas encartables, de xeito que prevíase que ao longo do ano numerosos fabricantes ousasen pór á venda alternativas aos Samsung Galaxy Fold, pero polo momento este tipo de dispositivos resístense a chegar ante os problemas que experimentou o móbil de Samsung. Pero iso non cesou o desenvolvemento de novas tecnoloxías na mesma dirección, e TCL sorprendeu agora presentando un prototipo de smartphone no que a súa pantalla de 10 polgadas pode encargarse por 2 sitios diferentes a xeito de tríptico.
Este novo dispositivo, pese a que encartado tería un grosor considerable, podería resultar especialmente atractivo polo feito de que chega a despregarse como unha tableta de tamaño completo, e as súas bisagras encartaríanse en dúas direccións diferentes, de xeito que ao pregar o dispositivo dúas das pantallas resultantes quedarían protexidas, e a terceira quedaría no exterior, o que pode ser unha configuración bastante práctica e claramente máis segura que a de dispositivos como o Huawei Mate X (que deixa as súas pantallas sempre expostas).
O prototipo de TCL con encarte dobre ten 4 cámaras traseira, unha cámara frontal, polo que semella un produto bastante completo, pero que non é a única proposta do fabricante chinés, que tamén confían nun formato de encartable que poderiamos considerar retro, xa que a pantalla sería moi alta, de xeito que o seu pregue, en vez de estar en vertical (como no Galaxy Fold) estaría en horizontal, de xeito que lembraría ao clásicos móbiles en formato de cuncha. O mercado terá que decidir os novos formatos que se establecerán de cara ao futuro.

PUBLICIDADE