TEKKEN Hybrid</Em> xa está á venda en España

xoves, 24 de novembro do 2011 Marcus Fernández

JPEG - 1.1 MB
TEKKEN Tag Tournament HD é unha remasterización en HD do xogo de PS2

Hoxe chega ás tendas españolas TEKKEN Hybrid, interesante recompilación para os seareiros da saga de loita Tekken, exclusiva para PlayStation 3 e a prezo reducido (39,95 euros), que xunta os xogos TEKKEN Tag Tournament HD e TEKKEN Tag Tournament 2 Prologue e a película en alta definición TEKKEN Blood Vengeance.
TEKKEN Tag Tournament é unha remasterización en alta definición do xogo de PlayStation 2 TEKKEN Tag Tournament, que destacara por incorporar un sistema de combate por parellas, podendo configurarse novos combos e estilos de xogo con equipos en lugar de con personaxes individuais. Nesta revisión do xogo tamén se incluíron trofeos.

JPEG - 1.3 MB
TEKKEN Tag Tournament 2 permite controlar aos personaxes da película TEKKEN Blood Vengeance

O TEKKEN Tag Tournament 2 Prologue é, pola contra, un avance de TEKKEN Tag Tournament 2, xogo que actualmente está nas máquinas recreativas xaponesas e que aínda tardará en chegar ás consolas de videoxogos domésticas, ofrecendo polo momento neste prólogo a posibilidade de xogar con 4 personaxes (Link Xiaoyu, Alisa Bosconovitch, Devil Jin e Devil Kazuya) que aparecen na película TEKKEN Blood Vengeance, incluída no mesmo disco Blu-ray, e que está feita mediante gráficos de ordenador tridimensionais e narra unha historia situada tras os eventos de TEKKEN 5.
Cómpre destacar que TEKKEN Tag Tournament 2 Prologue tamén conta con soporte de trofeos e pode xogarse en 3D (se contamos cun televisor compatible con tal tecnoloxía).

PUBLICIDADE