TSMC subirá os prezos de fabricación de procesadores até un 20%
xoves, 26 de agosto do 2021
A crise dos semicondutores está a afectar a numerosas
industriais mundiais ao ser os fabricantes incapaces de atender a demanda
actual e iso non só provoca a falta de abastecemento de certos compoñentes,
senón que tamén está a ter impacto nos prezos.
O preocupante do asunto é que esta situación semella lonxe de rematar, e hai
fontes que indican que un dos principais fabricantes a nivel mundial, TSMC,
estaría a notificar aos seus clientes unha suba de prezo do 20% para
procesos de fabricación de 16 nanómetros ou inferior, mentres que para fabricacións
de 7 nanómetros o prezo subiría un 10%. Tamén están previstas subas de prezo
para obleas fabricadas en 28 nanómetros.
Ao falarmos dunha suba de prezo en procesadores de distinto tipo, o impacto
sería moi grande en toda a industria tecnolóxica, e incluso coméntase que
afectaría de xeito importante aos novos iPhone, que terían que reflectir no seu
prezo a nova política dun dos seus principais provedores. O resto de
fabricantes de móbiles tamén é probable que experimenten subas de prezo nos
vindeiros meses en previsión do encarecemento dos procesadores.