Tablet PC reforzado con procesador Atom e pantalla visible baixo a luz do sol

xoves, 23 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O fabricante Duros, decidiu fusionar a tecnoloxía habitual dos ordenadores ultraportátiles de baixo custo actuais cos dispositivos Tablet PC reforzados, dando lugar ao Duros 8404, un equipo cunha pantalla táctil de 8,4 polgadas cunha resolución de 800 x 600 píxeles que pode verse baixo a luz do sol, con procesador Intel (Celeron M a 1,0 GHz ou Atom N270 a 1,6 GHz), 1 Gb de RAM, 120 Gb de disco duro (ou 64 Gb de SSD), 1 porto USB 2.0 e batería intercambiable en quente. O equipo contará con opcións de Wi-Fi, WWAN, GPS e Bluetooth.
Pero aínda que tecnicamente non estamos ante un Tablet PC extraordinario, destaca por estar reforzado non só para soportar un trato brusco, senón que tamén soportaría dende as salpicaduras ata a neve, así como tamén conta con accesorios que facilitan o seu transporte ou mesmo a súa montaxe no interior dun automóbil.

A instalación do Duros 8404 no interior dun vehículo é doado grazas aos correspondentes accesorios



Este Tablet PC é capaz de soportar baixas temperaturas

PUBLICIDADE