Tablet PC versátil, resistente e de alta portabilidade

luns, 16 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Para mellorar a súa versatilidade, algúns equipos informáticos portátiles están a reforzarse para o seu uso en exteriores, de xeito que a súa pantalla sexa lexible en condicións de alta luminosidade e o equipo soporte pequenos golpes para soportar un uso intensivo móbil. Dentro desta liña estaría o novo Tablet PC J3400 de Motion, que conta con dobre compartimento para baterías (o que permite unha grande autonomía) e funciona cun procesador Intel Core 2 Duo, disco duro de 1,8 polgadas con tecnoloxía anti-choque (ou cunha unidade SSD de 64 coma opción), cámara web de 2 Mpíxeles, GPS, sensor biométrico, lector de tarxetas de memoria, Bluetooth, Wi-Fi e banda larga móbil integrada, que combina así grandes prestacións, resistencia e mobilidade, o que tampouco sae barato, pois o prezo de partida deste equipo é de 2.299 dólares.
Este equipo pode empregarse en modo Tablet PC, pero tamén a través dun teclado que o transformaría nun ordenador portátil tradicional, aínda que resulta moito máis rechamante a opción de conectalo a un FlexDock, base que lle daría a aparencia dun ordenador todo-en-un, para colocar no escritorio.

Conectado a unha base este Tablet PC transfórmase nun ordenador de sobremesa

PUBLICIDADE