Talkase, un fino teléfono de respaldo para o iPhone
martes, 28 de outubro do 2014
Un
novo proxecto en Kickstarter consegue trunfar varias semanas antes de rematar a
súa campaña
de captación de fondos, principalmente pola orixinalidade e utilidade da
súa proposta, xa que a californiana WirelessMe quere facer realidade un pequeno
e delgado teléfono móbil GSM que poida empregarse como respaldo do noso
teléfono principal, sen apenas ocupar espazo, xa que propoñen que poida
transportarse nunha funda especial para iPhone 5S/6/6 Plus.
O Talkase serÃa un teléfono móbil cunhas
dimensións moi semellantes ás dunha tarxeta de crédito (cun grosor de 5,5
milÃmetros), que poderÃa funcionar como un terminal GSM autónomo (ten unha
rañura para tarxetas micro SIM) ou conectado ao noso smartphone a través de
Bluetooth (o que permitirÃa tirar proveito da nosa liña habitual e axenda de
contactos). Con este teléfono distribúese unha carcasa para iPhone que, aparte
de servir para transportar o Talkase, tamén serve para transportar unha tarxeta
SIM (ou un adaptador de tarxetas SIM), a púa para extraer a SIM do iPhone e
incluso unha tarxetas de crédito (no caso de non levar o Talkase nese momento).
Ao estarmos ante un teléfono básico, a súa baterÃa pode aguantar até 100 horas
en espera e 2,5 horas en conversa, polo que resulta ideal para levar enriba e
empregar como teléfono de emerxencia cando teñamos pouca baterÃa no noso smartphone
habitual.
Actualmente pode conseguirse un teléfono Talkase cunha funda para iPhone 5S/6/6
Plus por 35 dólares (39,27 euros con portes incluÃdos), agardándose que comecen
a remitirse estes dispositivos aos seus mecenas no mes de decembro.
- Talkase tamén pode empregarse enlazándose por Bluetooth co noso smartphone