Tarxeta DVI externa de Iogear
mércores, 23 de abril do 2008
Os usuarios que queiran conectar un
segundo monitor ao seu equipo informático pode ter problemas ao non contar cun
porto de saÃda axeitado, e para cubrir tal demanda Iogear
vende unha tarxeta de vÃdeo DVI externa que se comunica co ordenador a
través dun porto USB 2.0, de moi doada instalación (chega con cargar os
controladores correspondentes e conectar a tarxeta a un porto libre).
Este adaptador USB-DVI permite resolucións de ata 1.600 x 1.200 pÃxeles cunha
profundidade de cor de 32 bits, e no mesmo equipo se poden conectar ata 6
dispositivos deste tipo (de ter portos USB 2.0 suficientes) baixo os sistemas
operativos Windows XP ou Windows Vista.
A Iogear USB 2.0 External
DVI Video Card ten un prezo de 149,99 dólares (93,97 euros) nos EE.UU.,
descoñecéndose o prezo final que terá en España.