Tarxeta gráfica externa para ampliar o número de pantallas
xoves, 4 de decembro do 2008
Para poder conectar
varios monitores a un PC ou Mac sen contar cunha tarxeta gráfica que permita
tal posibilidade se pode empregar a tarxeta gráfica externa Multi-I
USB de WITECH, que emprega a tecnoloxÃa DisplayLink para poder dar
sinal a ata 2 pantallas con resolucións de ata 1.400 x 1.050 pÃxeles,
converténdose nunha interesante solución para espallar o escritorio do noso
equipo en varias pantallas na creación de contornos de traballo de alta
produtividade.
As probas realizadas sobre este dispositivo externo que se
vende por 170.000 wons coreanos (uns 89,47 euros) amosan
uns resultados excelentes deixando claro que as conexións USB 2.0
son suficientes para mover vÃdeo a resolucións aceptables, aÃnda que con certas
limitacións, pois hai que entender que este tipo de accesorios están pensados
para un uso ofimático, e non para xogos ou vÃdeo, para o que haberÃa que optar
por hardware dunha gama superior.