Teclado para persoas con deficiencias visuais
mércores, 27 de xuño do 2007
Para atender á demanda dos usuarios con
deficiencias visuais unha tenda on-line
norteamericana comezou a vender o teclado para ordenador Keys U See,
que presenta unhas teclas nas que as letras impresas ocupan o maior espazo
posible para mellorar a súa lexibilidade.
Non só as letras son máis grandes e
gordas, senón que tamén se pode mercar o teclado en 3 cores distintas: branco
sobre negro, negro sobre marfil e negro sobre amarelo (o que non responde só a
un motivo estético, senón que tamén inflúe na visibilidade, sendo diferente
para cada persoa).
Estes teclados pódense conectar tanto por USB como por PS2.