Teclado sen fíos con touchpad
martes, 14 de xullo do 2009
Pensando no seu
uso en ordenadores instalados no salón coma centros de reprodución multimedia,
aparecen novos teclados sen fíos con dispositivos que poidan empregarse para
substituír ao rato informático, de xeito que o seu uso dende o sofá sexa
cómodo, sendo un dos últimos teclados deste tipo o Miyoshi TP-26G01,
que aparte das súas 86 teclas tamén incorpora un touchpad, o que fai que poidamos utilizar un ordenador de sobremesa
coma se fose un portátil.
O
teclado comunícase sen fíos na banda dos 2,4 GHz, mide 190 x 403 x
26,2 milímetros, pesa 850 gramos, funciona cun par de pilas alcalinas AA (que
achéganlle unha autonomía de 127 horas, o equivalente a uns 2 meses de uso) e
véndese por 9.980 iens (75,75 euros).