Teclado sen fÃos para o control multimedia
xoves, 25 de setembro do 2008
Trust está a
vender un teclado
sen fÃos, modelo KB-2950, que vai moito máis aló, e está pensado
para o seu uso coma mando a distancia para aplicacións de Media Center. A
comunicación co ordenador faise grazas a un pequeno receptor USB que funciona
na banda dos 2,4 GHz e pode operar a unha distancia de ata 10 metros.
O teclado integra dous botóns trackball, roda de desprazamento e 16 teclas de
función especiais, converténdose nunha solución moi axeitada para controlar
pelÃculas, música e fotografÃas, asà como para chatear ou escribir correos
electrónicos.
Para completar este teclado tamén é compatible coa Xbox 360, o que permite
mellorar a experiencia de uso na consola de Microsoft (especialmente ao ter que
introducir datos en formularios de rexistro ou chatear).
Pero o que está a sorprender máis deste teclado é que en
EE.UU. se pode adquirir por 25 dólares (supomos que aproveitando
algunha oferta de liquidación), prezo moi inferior ao de teclados semellantes (que
normalmente superan os 150 euros), aÃnda que en España o seu prezo continúa a
ser duns 59 euros, o que continúa a ser bastante competitivo.