Tekken 6 tamén sairá para Xbox 360
xoves, 9 de outubro do 2008
Hoxe comezou no Xapón o
Tokyo Game Show, e un dos novos lanzamentos máis destacados da feira de
videoxogos é que se confirmou que o tÃtulo de loita Tekken 6 que chegará a finais de 2009 non aparecerá só para a
PlayStation 3 de Sony, senón que tamén contará
con versión apra a Xbox 360, polo que Sony contarÃa cunha exclusiva
menos para a súa consola á vez que os usuarios contan con máis opcións de xogo.
Nos salóns recreativos nipóns xa se pode ver o Tekken
6: Bloodline Rebellion, que destaca por incorporar a 2 novos
personaxes (Alisa Boskonovich e Lars Alexanderson) e que será a versión que se
adapte ás consolas domésticas de alta definición.
Trailer da versión de PS3 de Tekken 6 presentado durante o Tokyo Game Show