Telefónica inicia a celebración do seu centenario
venres, 19 de xaneiro do 2024
Cando faltan tres meses para o seu centenario, Telefónica pon en marcha a celebración deste singular fito, co seu equipo, os seus clientes, os seus accionistas e a sociedade en xeral, a través de diferentes iniciativas que terán lugar nos vindeirosmeses, con especial intensidade preto do 19 de abril, cando se cumprirán cen anos da constitución da CompañÃa Telefónica Nacional de España (CTNE), a súa primeira denominación.
Cen anos de transformación constante que permitiron a Telefónica pasar de ser un operador de servizos de voz a unha compañÃa tecnolóxica preparada para os desafÃos do mundo dixital coa vocación de conseguir un impacto positivo e «facer o noso mundo máis humano conectando a vida das persoas», o seu propósito de compañÃa.
O pasado mes de decembro estreouse a primeira campaña institucional asociada ao centenario, Besos. O anuncio mostra a evolución da tecnoloxÃa desde 1924 e como grazas a ela Telefónica conectou ás persoas a través dun xesto tan humano e sinxelo como un bico. Nunha segunda fase, a campaña utilizou ferramentas de big data para revelar que as redes de Telefónica transportan máis de 10 millóns de bicos cada dÃa.
«Telefónica aborda o seu Centenario como un trampolÃn cara aos vindeiros 100 anos», explica MarÃa GarcÃa-Legaz, responsable da Comisión do Centenario de Telefónica. «É un fito histórico que nos permite mirar con orgullo cara ao noso pasado e con toda a ilusión e empuxe cara ao noso futuro, e asà queremos compartilo e celebralo. Este é o punto de partida da campaña Besos, e o espÃrito que queremos que impregne todas as iniciativas de 2024».
VÃdeo de Besos
A web do centenario
Telefónica estrea a súa web do centenario, espazo deseñado e desenvolvido para propoñer un percorrido pola historia da compañÃa a través dunha selección de pezas do seu arquivo documental, que tamén se dixitalizou e catalogou tamén con motivo do aniversario. A web, concibida como unha liña do tempo interactiva, levaranos do pasado ao futuro e irá crecendo con novos contidos á medida que se vaian sucedendo os eventos do Centenario.
A catalogación e dixitalización do arquivo documental é un dos grandes proxectos desenvolvidos por Telefónica e a súa Fundación con motivo do centenario. Máis de 60.000 pezas, fotos, vÃdeos, audios e documentos de todo tipo dende a década de 1920 ata principios deste século, que mostran a historia e evolución de Telefónica a través dos seus empregados, os seus edificios, as diferentes tecnoloxÃas e dispositivos, a expansión internacional, a publicidade... Un legado imprescindible que quedará arquivado dixitalmente para sempre.
Universo Telefónica
Con motivo do centenario, a compañÃa puxo en marcha outra iniciativa chamada Universo Telefónica, coa que quere recompilar testemuños e recordos do maior número posible de empregados da compañÃa ao longo de todos estes anos. Tanto o actual equipo como as persoas que traballaran en Telefónica en calquera momento e calquera paÃs.
Este inventario de profesionais servirá para crear a gran comunidade de telefónicos e compartir coñecementos e experiencias comúns. Ata a data rexistráronse en Universo Telefónica máis de 15.000 profesionais.
Celebracións durante todo 2024 con especial intensidade en abril
Ademais dos actos vinculados directamente ao centenario, este ano singular verase reflectido en todos os eventos nos que Telefónica está presente habitualmente. Estas son algunhas das iniciativas previstas:
– O vindeiro mes de febreiro, durante o transcurso do Mobile World Congress en Barcelona, Telefónica celebrará no Gran Teatre do Liceu un concerto único no que a música clásica interpretada polo prestixioso pianista chinés Lang Lang convivirá coa tecnoloxÃa máis punteira.
– O 19 de abril, dÃa do centenario, culminará cun gran concerto de música clásica no Teatro Real de Madrid con representación institucional.
– Tamén o 19 de abril finaliza o PLAN100, o plan de accións lanzado con motivo do Centenario ao que se inscribiron preto de 30.000 empregados de Telefónica en todo o mundo.
– O 18 de maio celebrarase un gran concerto solidario no Santiago Bernabéu.
– A última e decisiva etapa da Volta Ciclista a España será unha contrarreloxo individual que sairá de Distrito Telefónica en Madrid e chegará á sede histórica de Gran VÃa 28.
Deixar un legado para o futuro
En España, o centenario coincidirá coa culminación do proceso de transformación da súa infraestrutura fixa. Arredor da data do aniversario, o 19 de abril, Telefónica apagará todas as súas centrais de cobre e será lÃder do sector entre as compañÃas europeas e latinoamericanas en completar esta transición. Cando o proceso termine, conseguÃrase unha reconversión da rede que incluirá o peche dun total de 8.532 centrais.
Pola súa parte, Fundación Telefónica puxo en marcha o ciclo Imaxina o futuro que queremos para dar voz a diferentes pensadores, investigadores, intelectuais e cientÃficos e pensar xuntos na forma de construÃr desde hoxe un futuro mellor. Un ciclo que nace coa mirada posta na celebración do centenario e que contou con personaxes tan relevantes como a Premio Pulitzer, Jane Smiley, ou o Premio Nobel de Literatura 2021, Abdulrazak Gurnah.
No segundo trimestre do ano, no Espazo Fundación Telefónica de Gran VÃa 28, presentarase a nova exposición permanente Exponencial. De analóxicos a dixitais, unha mostra que, baixo tres ideas: Fala, Vive e Imaxina, explora o crecente impacto que tivo o desenvolvemento das telecomunicacións en todos os ámbitos das nosas vidas. Desde a aparición dos primeiros teléfonos no século XIX, até a chegada de Internet, a telefonÃa móbil ou a intelixencia artificial, a exposición mostra o cambio de paradigma social derivado da chegada de cada nova tecnoloxÃa e as historias humanas que o rodean.
Por último, e entre outras moitas iniciativas que se irán coñecendo durante estes meses, Fundación Telefónica presentará o Libro do Centenario, que recolle e documenta este século de actividade a través das grandes historias que definiron á compañÃa; e Movistar Plus+ estreará un documental que reflexa o papel de Telefónica na vida das persoas nos últimos cen anos.