Telefónica probará a 5G de banda milimétrica en Segovia

luns, 1 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Na presentación dalgúns smartphones 5G insisten moito na incorporación de conectividade mmWave, ou sexa, do uso da banda milimétrica para conseguir grandes velocidades, reducidas latencias e un importante número de dispositivos conectados a pouca distancia, grazas en boa medida a que algún operador en EE.U. xa a utiliza (aínda que cunha dispoñibilidade moi limitada, mentres que dende Europa non deberiamos preocuparnos agora de se os nosos móbiles soportan esta tecnoloxía xa que aquí non estará dispoñible até dentro de bastante tempo xa que nin sequera se pecho o seu calendario de implantación.
Pero que a banda milimétrica non teña data para a súa explotación presencial non quere dicir que non haxa que avanzar neste ámbito, e Telefónica anuncia que Segovia será a primeira cidade tecnolóxica 5G da compañía en España, xa que alí desenvolverán novos casos de uso da 5G, destacando precisamente os que tiran proveito da conectividade, como o proxecto Amatista, dirixido a axudar no tratamento de persoas con enferminadades neurodexeneratias. Trátase dun servizo de vídeo musical inmersivo para tratar de mellorar a calidade de vida de persoas con enfermidades como o alzhéimer ou o párkinson.
O proxecto pretende demostrar a viabilidade de estender a nivel estatal un novo servizo sobre redes 5G nun cotorno virtual distribuído, de xeito que podería estar dispoñible para un grande número de pequenas localizacións.

PUBLICIDADE