Temple Run estrea secuela para iOS

mércores, 16 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Un dos fenómenos móbiles de máis éxito nos últimos tempos foi o xogo Temple Run, que apostaba por unha mecánica moi simple (un explorador correndo, tendo que tomar desvíos e esquivar obstáculos con xestos táctiles sobre a pantalla do dispositivo móbil) e o modelo de negocio de moda (o xogo é de balde, pero permite a compra de moedas virtuais para conseguir melloras dun xeito máis rápido) levouno a superar os 170 millóns de descargas e a inspirar a outros xogos semellantes, polo que non debería sorprendernos que hoxe chegue á App Store a súa secuela, Temple Run 2, que mantén a súa fórmula achegando gráficos renovados, contornos orgánicos, novos potenciadores, novos logros e poderes especiais para cada personaxe, estando dispoñible como aplicación universal (para iPhone e iPad) que mantén uns movementos fluídos e un acabado de luxo que dá a entender que Imangi Studios vai repetir éxito.

PUBLICIDADE