The Battle Inside replica a loita contra a leucemia en Doom Eternal

venres, 4 de marzo do 2022 Marcus Fernández

A Fundación CRIS contra o cancro vén de crear un mod para o xogo Doom Eternal titulado The Battle Inside que emula como é a loita do corpo contra a leucemia dende dentro, de xeito que o xogador ten que rematar cos diferentes atacantes para enfrontarse á enfermidade nunha batalla total.
Esta creación da axencia creativa CHEIL permite modificar Doom Eternal para que os rivais sexan células tumorais, virus, bacterias e outros patóxenos infecciosos, para o que cóntase co axuda de tratamentos como a quimioterapia ou as terapias avanzadas.
The Battle Inside quere axudar a concienciar da importancia da loita contra a leucemia, especialmente entre a mocidade, e pódese descargar de balde, aínda que precisamos dunha copia orixinal do xogo para poder gozar da súa modificación. Tras permitir que os xogadores loiten contra a leucemia virtualmente convídaselles a levar a batalla ao mundo real, colaborando con CRIS a través de doazóns que se recollen mediante Bizum.

Vídeo promocional de The Battle Inside

PUBLICIDADE