The Border Lands: un falso xogo retro vía web

xoves, 23 de agosto do 2012 Marcus Fernández

The Border Lands pode xogarse de balde vía web

Para ir creando expectación de cara ao lanzamento do xogo Borderlands 2 o vindeiro 21 de setembro, dende Gearbox Software quixeron dar a nota publicando un xogo web de balde chamado The Border Lands, que sería algo así como unha versión do primeiro xogo da saga se este tivese saído ao mercado en 1989 para unha plataforma de xogos de 16 bits, ou sexa, unha especie de falso xogo retro que pese á súa simplicidade resulta moi divertido.
Neste pequeno xogo podemos elixir entre 4 protagonistas (Salvador, Maya, Zero e Axton) que deberán derrotar a numerosos inimigos que van invadindo cada un dos escenarios nos que transcorre, e que de seguro encantará ao nostálxicos dos xogos de finais dos anos 80.

PUBLICIDADE