The Division anuncia a súa beta aberta
martes, 9 de febreiro do 2016
A menos dun mes para a chegada ás tendas de Tom
Clancy’s The Division, Ubisoft anuncia o que
será a súa beta aberta, na que poranse a proba os servidores que
facilitarán o xogo en liña deste agardado tÃtulo que disparou as súas reservas
tras unha anterior fase de probas, convencendo a moitos xogadores a darlle unha
oportunidade a un xogo que poderÃa converterse nun dos tÃtulos máis importantes
da primeira metade de 2016.
A
nova beta desenvolverase entre os dÃas 19 e 21 de febreiro para PS4, PC e Xbox
One, podendo pre-cargarse a beta en todas as plataformas a partires do 16
de febreiro (para evitar as saturacións durante a beta) e cunha chiscadela para
os usuarios de Xbox One, que poderán gozar das probas cun dÃa de antelación (ou
sexa, que os usuarios da consola de Microsoft poderán gozar da beta a partires
do 18 de febreiro).
Actualmente o equipo de desenvolvemento do xogo está a resolver os problemas
detectados durante a beta pechada do xogo, e estarán atentos a esta nova beta
para poder detectar novos fallos para ir corrixÃndoos e que asà o xogo estea o
máis pulido posible no seu lanzamento, podendo garantir unha boa experiencia en
liña durante as primeiras semanas (algo que poucos xogos en liña supervendas conseguen
facer).
A beta aberta estará dispoñible nas tendas dixitais de Xbox One e PlayStation 4
completamente de balde, mentres que a versión para PC atoparase en Uplay
(plataforma de xogos dixitais de Ubisoft).
VÃdeo promocional da beta aberta de The Division