The Division destaca entre os Xogos con Gold do mes que vén
venres, 28 de agosto do 2020
Os
Xogos con Gold que recibirán os subscritores de pagamento de Xbox LIVE no mes
de setembro veñen de anunciarse oficialmente e están claramente protagonizados
por un tÃtulo, Tom
Clancy’s The Division¸ shooter en liña para Xbox One que causou
furor pola súa orixinal e coidada proposta na que convida ao xogador a salvar a
unha cidade de New York sumida no caos empregando mecánicas de xogo refrescantes
ao combinar elementos de personalización tipo rol con combates de acción táctica.
Cómpre salientar que estamos ante un tÃtulo que só funciona con conexión á Rede
(algo co que claramente contan todos os subscritores de Xbox LIVE).
O outro xogo de Xbox One do mes de setembro é The
Book of Unwritten Tales 2, unha historia de fantasÃa que durante unhas
20 horas permitiranos vivir unha aventura chega de quebracabezas e humor, con
numerosas parodias a clásicos do xénero (O Señor dos Aneis, Xogo de
Tronos, Harry Potter, Mundodisco, O Hobbit...).
Os xogos retrocompatibles de setembro serán, por unha banda, de Blob 2
para Xbox 360, e por outra, Armed
and Dangerous para a Xbox orixinal. de Blob 2 é unha divertida
aventura de acción no que haberá que devolver á cor aos habitantes da cidade
mediante mecánicas propias dun xogo de plataformas que incluso conta con
multixogador a pantalla partida; mentres que Armed and Dangerous é un
xogo de disparos bastante modesto recuperado con melloras para Xbox One X.