The Division prepara o seu salto aos móbiles
mércores, 6 de xullo do 2022
Ubisoft fai medrar a franquÃa de The Division cun novo xogo
para dispositivos móbiles, The Division
Resurgence, un xogo de rol de disparos
en terceira persoa baixo a fórmula do free-to-play que está a
ser desenvolvido por un equipo principal da compañÃa en colaboración con outros
estudios e socios de todo o mundo.
Este
xogo de mundo aberto achegará novas historias, viláns e faccións á franquÃa
de Tom Clancy’s The Division, cunha campaña independente á de The Division e The Division 2.
Como axente da SHD haberá que restaurar a
orde, protexer aos civÃs das faccións hostÃs e axudarlles a reconstruÃr un futuro
mellor.
O máis curioso desta entrega é que sexa para iOS e para Android, pero Ubisoft asegura
que con este paso quere abrir o universo de The Division a máis
persoas de todo o mundo, que asà poderán gozar desta experiencia de mundo
aberto en calquera momento e lugar, gozando incluso dunha boa experiencia a
nivel técnico dado o avanzados que están actualmente os dispositivos móbiles.
AÃnda que non hai unha data de lanzamento oficial establecida, dende Ubisoft
anuncian que están
a piques de iniciar unha alfa pechada do xogo, estando xa aberto o rexistro
para a mesma, tanto para Android como para iOS. Ubisoft repartirá
invitacións en función das plataformas e localizacións nas que queren probar
primeiro o novo xogo. Para entrar na alfa pechada será preciso adquirir un compromiso
de confidencialidade, ou sexa, que non se poderán compartir capturas nin vÃdeos
do xogo durante o proceso de probas.
Tráiler oficial de The Division Resurgence