The Division rematará este mes cunha beta pechada

venres, 15 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

O xogo Tom Clancy’s The Division, anunciado no E3 de 2013, leva moitos meses impacientando a moitos usuarios que estaban a desexar pórlle as mans enriba, e aínda que non verá a luz até o 8 de marzo, este mes será posible ter un adianto grazas a que vai ter unha beta pechada de poucos días na que inicialmente poderase explorar o peirao do Barrio de Chelsea, gozando de varias misións anticipadas que situarán ao xogador en New York, onde poderase xogar con amigos e loitar contra outros axentes para conseguir botín e recursos da zona PvP Dark Zone.
Os xogadores que reservasen o xogo contarán cun código que garantirá a súa participación na beta, aínda que o resto de usuarios tamén poden inscribirse para pórse nunha cola de espera de xeito que é de agardar que case todos os interesados poidan chantar o dente a este título.
A beta de The Division desenvolverase até o día 31 de xaneiro, pero o seu inicio non será simultáneo en todas as plataformas, senón que a Xbox One terá un acceso anticipado en 24 horas a partires do día 28, de xeito que os usuarios de PC e PlayStation 4 teñen que agardar ao día 29 para comezar a xogar a esta breve fase de proba.

Último tráiler de The Division

PUBLICIDADE