The Incredible Machine estrea versión para iPad
xoves, 9 de xuño do 2011
- As fases do xogo teñen obxectivos que superar a base de enxeño
En 1992 chegou
aos ordenadores persoais un divertido xogo The
Incredible Machine, consistente en solucionar certos quebracabezas
colocando os obxectos dispoñibles en cadansúa fase, lembrando lixeiramente a Los grandes inventos del
TBO, dando lugar a toda unha
franquÃa que pasou por equipos con MS-DOS, Windows e Mac OS, e incluso
estivo presente en consolas como a 3DO, a PlayStation e a SEGA Saturn, e seguindo
na mesma liña chega esta semana ao iPad, conservando a diversión dos seus
predecesores a través de 60 niveis nos que pór a proba a destreza do xogador
que poderá empregar máis de 90 obxectos como tubarias, pelotas, cintos, cordas…
Este
novo xogo para iPad pode mercarse por 2,39 euros e presenta uns gráficos
tan sinxelos como coidados, música orixinal e xeniais efectos de son, con
contribúen a amenizar as horas de diversión que pode garantir este tÃtulo.
- The Incredible Machine ten unha aparencia moi colorida e un tanto infantil, pese a que este xogo vaia ser máis aprezado polos que gozaran das primeiras entregas da franquÃa