The King of Fighters XIV chega a PS4 con gráficos 3D e mecánicas 2D
venres, 26 de agosto do 2016
A fusión das franquÃas de xogos de loita Fatal Fury e Art of Fighting deu pé a unha das sagas de xogos de loita máis
veteranas e de máis sona, The King of
Fighters, nacida en 1994 e que hoxe mesmo estrea en exclusiva para
PlayStation 4 unha nova entrega, The
King of Fighters XIV, que podemos mercar por
59,99 euros, e que ofrece un cadro de 50 loitadores que podemos
enfrontar en batallas por equipos de 3 contra 3 mantendo as súas mecánicas de
xogo 2D pero cuns sorprendentes novos gráficos 3D presentados en Full HD a 60
cadros por segundo.
O xogo conserva o tradicional modo historia de King of Fighters, permite realizar batallas grupais en liña con até
12 xogadores e incluso incorpora novidades como os climax cancels, que desenvolven a mecánica dos movementos especiais
do xogo.
Este novo xogo comezou
a desenvolverse oficialmente en 2014, e aÃnda que parecerÃa razoable que ao
cambiar a aparencia gráfica optasen por unha selección de loitadores moi
conservadora, optaron por incorporar unha grande cantidade de personaxes novos,
de xeito que estamos ante un tÃtulo dobremente renovado, que busca rexuvenecer
a saga e volver inspirar aos fieis seareiros destes xogos de loita que veñen
gozando da serie dende que trunfaba nos salóns recreativos.
Tráiler de lanzamento de The King of Fighters XIV