The King of Fighters volve por partida dobre en 2009

mércores, 3 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A mellora gráfica do The King of Fighters XII é considerable

Coa chegada de Super Street Fighter II Turbo HD Remix ao Bazar de Xbox LIVE parece que volve a moda dos xogos de loita en 2D, e outra das grandes franquicias do xénero, King of Fighters tamén prepara a súa volta, de xeito que en 2009 poderemos ver en salóns recreativos, PlayStation 3 e Xbox 360 o xogo The King of Fighters XII que promete por o nivel altísimo, converténdose no referente dentro deste tipo de xogos e destacando pola súa diversidade de loitadores.
O xogo se estrearía nos recreativos na primavera, e logo chegaría a versión para consolas, presentando todas estas entregas uns gráficos de alta definición moi coidados, e baseados en debuxos feitos a man, polo que o seu nivel de detalle non terá precedente nesta franquicia que non quedará aquí, senón que tamén se achegará á PlayStation 2, consola que aínda mantén unha boa saúde, e para a que sairá no Xapón o xogo The King of Fighters 2002 Unlimited Match no mes de febreiro a 5.040 iens (uns 42,52 euros), que non suporá unha gran evolución coma o The King of Fighters XII, pero poderá achegar moita diversión grazas aos seus 66 loitadores seleccionables (aos que se engade un personaxe inédito) e melloras nos seus menús e nas súas escenas de vitoria.

The King of Fighters 2002 Unlimited Match permitirá elixir entre 66 loitadores

PUBLICIDADE