The Last of Us Remasterizado para PS4 a 19,99 euros por tempo limitado

martes, 22 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Un dos mellores títulos da pasada xeración de consolas de videoxogos foi, sen lugar a dúbidas, The Last of Us (que recibiu máis de 240 recoñecementos como Xogo do Ano), de aí que tamén fose un dos primeiros xogos en remasterizarse para PlayStation 4, e Sony anuncia hoxe que entre os días 23 de setembro e 7 de outubro vai ofertar este impresionante xogo na súa tenda en liña por só 19,99 euros.
The Last of Us Remasterizado para PS4 non só inclúe o xogo mellorado para que poida gozarse a 1.080p cun maior detalle gráfico, senón que tamén inclúe sen custo adicional o capítulo descargable Left Behind, que é unha aventura que enriquece a trama do xogo a través de súas liñas temporais: unha no ecuador do xogo e outra a xeito de precuela (que axuda a profundar no personaxe de Ellie).
Coa mencionada oferta temporal temos unha grande oportunidade para revivir un grande xogo ou para que os que non puideron gozalo en PlayStation 3 poidan agora descubrir a que podería ser a obra máis completa de Naughty Dog.

O DLC Left Behind está incluído na versión remasterizada do xogo de Naughty Dog

PUBLICIDADE