The Last of Us incluirá extras para quen o reserve

luns, 10 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A celebración do acto de entrega dos VGA 2012 serviu para dar a coñecer un novo trailer do agardado The Last of Us, título de Naughty Dog que están a agardar con inquedanza os seareiros da saga de Uncharted por ser un claro herdeiro do seu espírito e do que finalmente xa sabemos a súa data de lanzamento en Europa, que será o 7 de maio de 2013.
O novo vídeo do xogo serve de adianto do que ofrecerá este aventura que poderá reservarse en distintos lotes que inclúen contidos adicionais. Deste xeito, o Pack Sight and Sounds incluirá a banda sonora do xogo, un tema dinámico para PS3 co deseño da cuberta de The Last of Us e un par de avatares para o perfil de PSN; o Pack Survival opta pola súa banda por incluír bonificación de puntos de experiencia para o modo multixogador, un potenciador de ataque corpo a corpo para o modo multixogador, cartos extra in-game, elementos especiais para personalizar personaxes no modo multixogador e un par de skins para personalizar aos protagonistas do xogo unha vez superado o seu modo campaña.
Sorprende que neste último lote falen dun modo multixogador do que non se sabía nada, pero dende Sony aseguran iremos escoitando máis sorpresas sobre The Last of Us durante os vindeiros meses.


Novo trailer de The Last of Us presentado durante os VGA 2012

JPEG - 143.3 KB
O Pack Sight and Sound inclúe un tema dinámico

PUBLICIDADE