The Last of Us terá versión remasterizada para PlayStation 4
mércores, 9 de abril do 2014
Coa chegada da nova xeración de consolas, e mentres non
chegan suficientes xogos de peso desenvolvidos en exclusiva coa vista nas novas
máquinas, parece unha boa opción achegar versións melloradas da anterior
xeración, principalmente para permitir que aos xogadores que non teñen as
anteriores consolas poidan gozar desas xoias, e ao igual que Tomb Raider contou cunha versión remasterizada, Sony confirma agora que a
PlayStation 4 recuperará un dos mellores xogos de PS3, The Last of Us.
En The Last of Us Remastered teremos
unha versión a 1.080p do xogo, que tamén gozará de modelos máis detallados dos
personaxes, sobras e iluminación melloradas, texturas actualizadas e moitas
outras melloras que o converterán nun xogo digno da nova xeración, á vez que
permitirá que moitos poidan gozar deste tÃtulo que na súa versión para PS3
valeulle a Naughty Dog máis de 200 recoñecementos como Xogo do Ano de distintas
publicacións.
Esta revisión de The Last of Us que verá a luz no verán tamén
incluirá unha versión comentada polo director de todas as secuencias
cinemáticas do xogo; recollerá todo o contido adicional que foi publicándose
tras o lanzamento do xogo orixinal (como a expansión Left Behind e outros contidos descargables que enriquecÃan o
tÃtulo); e incluso recompensará aos usuarios que reserven o xogo con skins para os protagonistas e distintos
potenciadores para a campaña para un xogador.