The Last of Us trunfa simultaneamente en televisión e consolas
luns, 23 de xaneiro do 2023
AÃnda
que tradicionalmente as adaptacións de videoxogos a pelÃculas e series de
televisión son produtos de pouca calidade que simplemente empregan unha marca
recoñecible como reclamo, pero a nova serie de HBO Max, The Last of Us,
está a facer historia por converterse nun grande éxito de público e crÃtica
mantendo fidelidade co xogo orixinal de Naughty Dog.
Se ben o primeiro episodio da serie presumiu de ser a segunda mellor estrea de
HBO na última década, ao
estrearse o segundo episodio a audiencia medrou un 22% nos EE.UU. chegando
aos 5,7 millóns de espectadores na primeira noite de emisión, converténdose na serie
orixinal de HBO coa mellor segunda semana en toda a historia da cadea. Dado que
o primeiro episodio chegou aos 18 millóns de espectadores ao longo da semana,
podemos esperar que o segundo episodio chegue aÃnda máis lonxe.
Pero o máis curioso deste éxito televisivo é que está a propagarse ao
videoxogo, que pese a ser un tÃtulo que saÃu orixinalmente en PlayStation 3 e colleitou
boas vendas en PlayStation 4 e PlayStation 5, no
Reino Unido sorprendeu enormemente ao colocarse no posto nº 20 en vendas na súa
versión para PS5, o que supón un incremento das súas vendas do 238%,
mentres que a versión para PS4 colocouse no posto nº 32, o que supón un incremento
das vendas do 322%.
Temos asà que un xogo de hai preto de 10 anos pode continuar a ter boas vendas
grazas á súa sólida reputación e á promoción que supón a súa translación a un
novo medio, confirmando que as fórmulas transmedia poden ser beneficiosas
para todos os elementos que forman parte dos proxectos, pois as adaptacións
herdan a popularidade dos produtos orixinais, e estes tamén poden beneficiarse
da visibilidade adicional.