The Mandalorian inspira un mando para Xbox One
luns, 26 de outubro do 2020
O
vindeiro venres Disney+ estrea a segunda tempada de The
Mandalorian¸ serie que é o seu principal éxito e que, pese a carecer de
adaptación aos videoxogos sorprende por ter inspirado un
mando para Xbox One coa súa respectiva base de carga, que sairán á venda o 31
de decembro a un prezo de 189,99 euros.
Este mando sen fÃos para Xbox One e o seu soporte de carga veñen decorados cun
patrón que busca lembrar o aceiro beskar da armadura do protagonista da serie
televisiva, a base de carga presenta un estudo co casco mandaloriano, o mando
inclúe o emblema de Din Djarin e na súa parte traseira ten impreso unha especie
de anuncio de busca e captura da criatura alcumada como Baby Yoda.
Este novo mando ten un deseño ergonómico, permiten a personalización dos seus
botóns, ten até o dobre de alcance sen fÃos e o seu sistema de contacto
magnético permite xogar cunha soa man mentres se carga.
Un produto que non busca innovar tecnicamente senón simplemente captar a
atención de coleccionistas e amantes da serie de Disney+ que xa teñan unha Xbox
One. Cómpre advertir de que, o mando será compatible coas futuras Xbox (aÃnda
que non conte co novo botón de compartir nin goce do novo deseño de cruceta
dixital).
- Na parte traseira do mando podemos ver a Baby Yoda