The One, un novo tablet con Android 2.3

venres, 26 de novembro do 2010 Marcus Fernández

Continúan a chegar tablets ao mercado como alternativa ao iPad, e unha das últimas novidades vén da man de Woow Digital, trátase de The One, un dispositivo con pantalla de 10 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento flash, Bluetooth, Wi-Fi, 3G e tecnoloxía nVIDIA Tegra 2, polo que será capaz de correr vídeo en alta definición e destaca por ser un dos primeiros trebellos nos que fan funcionar Android 2.3.
O The One chegará ao mercado nipón antes do Nadal a un prezo de 42.000 iens (377,36 euros), para chegar máis adiante a Hong Kong, Taiwan e Europa. O seu prezo é considerablemente inferior ao iPad, pois a versión con 16 Gb e 3G véndese a 61.800 iens no Xapón, pero de cara á súa comercialización europea é posible que non vexamos unha diferenza de prezo tan notable, e o produto achéguese perigosamente aos 500 euros.

PUBLICIDADE