The Order: 1886 consegue boas vendas iniciais

luns, 23 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

O lanzamento de The Order: 1886 está a ser moi polémico, e tras as fortes críticas pola súa curta duración e reducida xogabilidade, de xeito que o primeiro grande xogo exclusivo para PlayStation 4 de 2015 está a verse moi ensombrecido, causando un grande impacto nas súas previsións de vendas, o que non impediu que a súa chegada ás tendas fose o suficientemente boa como para colocarse en cabeza das listaxes de vendas, cando menos no Reino Unido.
No territorio británico The Order: 1886 conseguiu colocarse no número 1 de vendas, o que non conseguía ningún xogo de PS4 dende o lanzamento de The Last of Us: Remastered o pasado mes de agosto. Con esta chegada ao Top 10 o Call of Duty: Advanced Warfare pasou a unha segunda posición, e o recente Evolve caeu até o terceiro posto. O resto de posicións corresponden a títulos consolidados, coa excepción de The Legend of Zelda: Majora’s Mask 3D, que tras iniciar o seu percorrido a semana pasada nun segundo posto, caeu este semana até o posto 8º, mentres que o outro grande lanzamento de 3DS, Monster Hunter 4 Ultimate caeu da 4ª á 12ª posición.

The Order: 1886 é o principal xogo exclusivo de PS4 de comezos de 2015

PUBLICIDADE