The Technomancer, un novo RPG cyberpunk que verá a luz en 2016

venres, 10 de abril do 2015 Marcus Fernández

Os estudios de videoxogos Spiders e Focus Home Interactive anuncian que van colaborar para o desenvolvemento dun novo xogo de rol, The Technomancer, que chegará en 2016 para PS4, Xbox One e PC, e está ambientado nun Marte post-apocalíptico durante a Guerra da Auga, onde un aspirante a technomancer se enfronta a un amplo abano de cuestións mentres xorden ameazas froito de segredos do seu pasado.
The Technomancer ofrecerá aos xogadores unha experiencia orientada ao combate de acción con catro árbores de habilidades, enfocándose en tres estilos de loita e os poderes eléctricos destrutivos dos technomancers. Como é habitual neste tipo de xogos, non sempre haberá que solucionar as situacións pola forza, senón que tamén poderase conversar para facer fluír a historia polo noso propio camiño (podendo chegar a até cinco finais diferentes), á vez que nos equipamos con distintos elementos e tecemos relacións con outros personaxes.

O xogo terá combates orientados á acción e permitirá que progresemos en 4 árbores de habilidades

PUBLICIDADE