The Witcher 2 estrea retrocompatibilidade na Xbox One
xoves, 21 de xaneiro do 2016
A listaxe de xogos de Xbox 360 que poden correr en Xbox One
continúa a medrar, e hoxe Microsoft anuncia
os tÃtulos que estrean retrocompatibilidade en xaneiro, á vez que salientan
o feito de que van mudar o xeito de facer tal, xa que a partires de agora, en
vez de ampliar o número de xogos unha vez ao mes farano en canto a adaptación
de cada xogo estea feita e autorizada polo seu editor, atendendo asà ás
demandas dos usuarios.
Os xogos que estrean retrocompatibilidade hoxe son Sam
& Max Save the World, Aegis Wing, Counter-Strike:
GO, Age
of Booty, Space
Giraffe, Soulcalibur, Skullgirls, Jeremy
McGrath’s Offroad, Small
Arms e The
Witcher 2: Assassins of Kings, destacando este último por ofrecerse de
balde até o 5 de febreiro para usuarios de Xbox en EE.UU., Canadá, Reino Unido,
Francia e Alemaña (promoción claramente dirixida a instar aos usuarios a dar
unha oportunidade á última entrega da súa saga).
Lembremos que en anteriores meses xa se incorporaron xogos como Assassin’s Creed II, Borderlands, Fable III, Fallout 3, Gears of War 3, Halo: Reach, Just Cause 2
e Mass Effect, deixando claro que
estamos ante unha funcionalidade capaz de mover os xogos máis potentes de Xbox
360 en Xbox One, superando asà unha barreira que parecÃa imposible, e incluso
conseguindo que os vellos xogos poidan contar con funcionalidades da nova
xeración de consolas como facer capturas de pantalla, gravar en vÃdeo as
partidas ou incluso poder xogar remotamente dende un ordenador con Windows 10.
ACTUALIZACIÓN (22-1-2016): Finalmente ampliaron a promoción de The Witcher 2 de balde ao territorio español.