The Wonderful 101 para Wii U estrea demo
venres, 9 de agosto do 2013
O remate do Nintendo Direct
do pasado mércores adiantouse que hoxe iamos ter un The
Wonderful 101 Direct, unha presentación na que o director do xogo The
Wonderful 101 darÃa numerosos detalles sobre o agardado xogo para Wii U
que, aÃnda que no vÃdeo vexamos que está en xaponés e inglés, a España chegará
totalmente traducido ao español. Tamén aproveitaron para anunciar que a versión
de demostración do xogo xa está dispoñible para a súa descarga na Nintendo
eShop, polo que podemos facernos unha boa idea deste atractivo tÃtulo ante do
seu lanzamento dentro de 2 semanas.
No xogo desenvolvido por Platinum Games controlaremos a unha multitude de 100
superheroes que deberán protexer a Terra dunha invasión alienÃxena facendo uso
dos seus poderes e habilidades que poderán combinarse para derrotar aos inimigos,
solucionar quebracabezas e percorrer o terreo. Ao longo dos máis de vinte
minutos que durou a presentación de hoxe podemos facernos unha idea do que
pretende ser un dos xogos máis importantes para Wii U xunto con Pikmin 3:
- No xogo haberá que controlar a varios superheroes á vez para derrotar aos invasores e protexer aos cidadáns
- En The Wonderful 101 iremos completando o cadro de heroes paulatinamente