ThinkGeek anuncia un test de embarazo por USB

xoves, 3 de abril do 2008 Marcus Fernández

Estamos afeitos a ver cada día trebellos máis orixinais para os portos USB dos nosos ordenadores, pero o que poucos poderían agardar é que ThinkGeek comercializase un test de embarazo informatizado.
O Pteq-USB sería un dispositivo moi semellante ás probas de embarazo tradicionais, pero que se conectaría ao ordenador por USB para que unha aplicación informática amose os niveis homonais (hCG, H-hCG e LH) acendéndose no propio dispositivo a cara dun bebé no caso de embarazo.
Funciona en equipos con Windows 98, Millennium, 2000, XP, Vista, Linux 2.4 e Mac OS X e inclúe 20 tiras para varias probas, prometendo unha eficacia do 99%.
O orixinal trebello se vendería a 17,99 dólares se non fose unha broma do Primeiro de Abril.

PUBLICIDADE