Tiki Towers 2 estréase na App Store

xoves, 20 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Un dos xogos de puzzles máis entretidos para distintas plataformas móbiles, Tiki Towers, vén de estrear secuela para iOS, de xeito que este xogo, no que hai que construír pontes de bambú para permitir que uns monos coleccionen plátanos repartidos polos escenarios que compoñen cada unha das fases deste título, pretende repetir éxito incorporándose á App Store a un prezo de 2,39 euros.
Tiki Towers 2 conta con 30 niveis totalmente novos, nos que as físicas xogas un grande papel, de aí que esteamos ante un título imprescindible para amantes da primeira entrega ou de xogos coma Cut The Rope ou Angry Birds.
Este título chega como aplicación universal, de xeito que funciona tanto para iPhone/iPod Touch como para iPad, estando incluso optimizado para a pantalla retina do iPhone 4. Tamén intégrase con Game Center, o que prermitirá desbloquear ata 10 logros.

Tiki Towers 2 reparte a diversión en 30 novos niveis

PUBLICIDADE