Time recolle nas súas páxinas a listaxe coas 100 persoas máis influentes do ano

xoves, 19 de abril do 2012 Marcus Fernández

A revista Time, seguindo coa súa tradición anual, publicou a súa listaxe coas 100 persoas máis influentes do mundo, entre os que hai tanto políticos e empresarios, como xente do mundo do espectáculo, e cono non podía ser doutros xeito, nesta ocasión figuran varios expoñentes do sector tecnolóxico.
Posiblemente a ficha máis curiosa de todas as que figura na listaxe deste ano é a correspondente a Anonymous, pois non se trata realmente dunha persoa, senón dun movemento repartido por todo o mundo, e que acadou moita sona nos últimos meses, poñéndose no punto de mira das autoridades e dos medios de comunicación, conseguindo facer chegar a súa mensaxe a case todo o mundo.
Tamén podiamos asegurar que a sombra de Steve Jobs está presente nesta nova edición do TIME 100 pois, aparte do actual director xeral de Apple, Tim Cook, dende a revista Time tamén quixeron destacar a Walter Isaacson, autor do libro que narra a biografía do co fundador de Apple e que converteuse nun dos textos máis vendidos do último ano.
Do mundo empresarial tamén quixeron destacar a Virginia Ginni Rometty, quen foi nomeada en outubro directora xeral de IBM, converténdose na primeira muller en encabezar a dirección do Xigante Azul.
Menos coñecidas en España son as figuras de Erik Martin e Pete Cashmore, por estar detrás de publicacións electrónicas relevantes principalmente nos EE.UU. como Reddit e Mashable. Cada un no seu ámbito contribúe a levar información de interese aos usuarios da Internet, conseguindo certa influencia que quixeron recoñecer nas páxinas de Time.
Temos así unha selección de persoas que distan de ser os máis ricos ou os máis poderosos do mundo, pero que indubidablemente deixan pegada, de aí que figuren nesta listaxe anual que serve para retratar moitas das inquedanzas do noso tempo.

Walter Isaacson, Tim Cook, Erik Martin, Virginia Rometty, Anonymous e Pete Cashmore figuran entre as 100 persoas máis influentes de 2012 segundo a revista Time

PUBLICIDADE