Tivoli comercializa un altofalante con radio para os amantes do deseño

mércores, 21 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten de escoitar música dos seus reprodutores multimedia, non queren prescindir da maxia da radio e desexen combinar a experiencia cun deseño elegante poden optar por facerse co Tivoli Audio PAL, un altofalante portátil con batería interna recargable (cunha autonomía de ata 16 horas), sintonizador de radio FM e AM e entrada de audio estándar que incluso soporta as inclemencias meteorolóxicas e ofrécese en dúas cores (negro e rosa) no seu modelo normal, e nunha grande variedade cromática no seu modelo iPAL (pensado para ir a xogo cos reprodutores portátiles de Apple).
Este dispositivo de 15,88 x 9,37 x 9,86 centímetros e 875 gramos de peso pode empregarse comodamente no fogar, na oficina, en exteriores ou de viaxe (inclúe bolsa de transporte), ofrecendo sempre unha grande calidade sonora, o que, xunto coa súa estética (baseada nun deseño de Henry Kloss), fai que teña un prezo (219,99 dólares) que non está ao alcance de todos os petos.


O Tivoli Audio PAL visto en vídeo

O Tivoli Audio PAL tamén está dispoñible en rosa
Os posuidores dun iPod poden optar por facerse co Tivoli Audio PAL (dispoñible en seis cores)

PUBLICIDADE