Tobii REX, o accesorio que permite seguir a nosa mirada
mércores, 2 de xaneiro do 2013
Nos últimos anos a tecnoloxÃa que permite o seguimento da
mirada desenvolveuse substancialmente, tanto para o seu uso de cara ao análise
da atención do usuario como para ser unha alternativa ás interfaces de control
tradicionais, e finalmente o fabricante Tobii confirma que vai
presentar a vindeira semana no CES de Las Vegas o seu accesorio REX,
compatible con ordenadores con Windows 8 e que pode conectarse por USB a
ordenadores portátiles ou de sobremesa para que unha aplicación chamada Tobii
Gaze poida analizar cara onde mira o usuario para executar accións, que poden
ir dende moverse pola pantalla ata xogar.
AÃnda non se coñece o prezo que terá o produto final, pero actualmente o Tobii
REX xa pode mercarse xa por 995 dólares por parte de desenvolvedores, aÃnda que
termemos que agardar varios meses para que se poñan á venda 5.000 unidades
deste produto, estando aberto un perÃodo de
pre reserva para recibir unha invitación que permitirá mercar o dispositivo
48 horas antes da súa estrea oficial.
Esta nova tecnoloxÃa pretende funcionar en combinación co rato e o teclado (sen
substituÃlos totalmente) e non só está pensada como unha asistencia para
persoas con discapacidades, senón que a súa aplicación poderÃa mellorar o xeito
no que nos relacionaremos coas máquinas no futuro.
- O Tobii REX incluso pode integrarse en portátiles
- O Tobii REX pode conectarse a practicamente calquera equipo con Windows 8 empregando USB