Tocadiscos que converte as cancións a MP3 automaticamente
venres, 24 de abril do 2009
Denon
pon á venda estes dÃas un prato
para discos de vinilo, modelo DP-200USB, que permite converter as
vellas coleccións musicais a MP3, podendo mesmo almacenar as cancións en
memorias USB sen uso dun ordenador coma intermediario na operación, aÃnda que
ao utilizalo en combinación cun PC podemos aÃnda tirar mellor proveito do
trebello, pois inclúe unha aplicación chamada Trans Music Manager que permite cortar as distintas pistas de cada
disco de xeito manual e automático, e incluso contrasta os temas dixitalizados
cos servidores de Gracenote, para identificar o seu tÃtulo e intérprete,
facilitando a súa correcta catalogación.
O dispositivo está á
venda en Amazon por 250 dólares (188,26 euros), e de seguro que
resultará atractivo para os usuarios que non conserven un tocadiscos en bo
estado e queiran recuperar a súa vella colección de vinilos.