Todo listo para a celebración este venres da Noite das Telecomunicacións 2019

xoves, 23 de maio do 2019 Fernando Sarasketa

Este venres 24 de maio celébrase en Oleiros, na Finca Montesqueiro, a 24 edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizada novamente polo Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG). Na cita participarán arredor de 300 profesionais TIC. O decano do colexio, Julio Sánchez Agrelo, intervirá ao inicio do evento, no decurso do cal entregaranse os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2019. A Noite dará comezo ás 20.00 horas.
A nova convocatoria da celebración tecnolóxica (a número 24) desenvolverase baixo a temática da tecnoloxía 5G, o novo estándar de comunicación móbil chamado a ser o impulso definitivo da gran revolución tecnolóxica que estamos a piques de presenciar.... e vivir: a revolución da Internet das Cousas, da análise da información a gran escala e mesmo da robótica e da Intelixencia Artificial.
A cita, engade a organización, contará coa presenza activa de empresas pioneiras na implantación desta tecnoloxía 5G en Galicia e outras relacionadas.
O fito principal do acto estará marcado, precisamente, pola entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2019, cuxa gala estará conducida polo célebre acto galego, Manuel Manquiña. O evento desenvolverase seguindo este plan:
· 21,40 h. (aprox).- Intervención do decano do COETG, Julio Sánchez Agrelo.
· 22,10 h. (aprox).- Intervención do Enxeñeiro do Ano, Rafael Moya.
· 22,15 h. (aprox).- Intervención da directora da AMTEGA, Mar Pereira.

PUBLICIDADE