TomTom pon á venda este mes un par de reloxos deportivos
luns, 1 de xullo do 2013
Os
fabricantes de navegadores GPS levan uns anos intentando manter o seu negocio
diversificando e, aparte de vender dispositivos para automóbiles (negocio en
clara decadencia), están a entrar con forza no ámbito deportivo a través de
navegadores para deportistas, e este mesmo mes é TomTom quen colocan no mercado
un par de reloxos de pulso con GPS, o
TomTom Runner e o TomTom Multi-Sport, que inicialmente póñense á venda nos
EE.UU.
Hoxe mesmo chega ás tendas estadounidenses o TomTom Runner por 169,99 dólares, mentres
que o TomTom Multi-Sport non chegará ata finais de mes a un prezo de 199,99
dólares, diferenciándose en que o último está optimizado para a práctica de
varios deportes, incluÃndo ciclismo e natación, polo que resulta ideal para a
práctica do trÃatlon e inclúe accesorio para axustalo no guiador da bicicleta e
conta cun sensor dedicado a rexistrar o movemento dos brazos ao nadar.
- O TomTom Multi-Sport está adaptado para rexistrar a práctica da natación
Ambos reloxos teñen un deseño delgado (o módulo de reloxo ten un grosor de 11,5
milÃmetros), permite rexistrar carreiras en interiores, utilizan a última
tecnoloxÃa GPS e GLONASS (conseguindo un xeoposicionamento rápido e preciso), a
súa pantalla táctil é resistente a rabuñaduras e golpes á vez que pode lerse
con facilidade, soportan auga ata unha profundidade de 50 metros, teñen unha
autonomÃa de ata 10 horas e poden enlazarse por Bluetooth cun sensor cardÃaco.
VÃdeo promocional do reloxo TomTom Runner
O TomTom Multi-Sport visto en vÃdeo